Jano, un clásico do panorama da BD underground galega, ofrece
un álbum que conecta tematicamente á perfección co panorama social e
económico dos séculos XX e XXI, caricaturizando de forma dramática a
frialdade dun modelo de sistema capitalista que anula a individualidade
do ser. E conségueo exclusivamente coa forza da imaxe, cun debuxo que
lembra dalgún xeito as vangardas europeas.
A historia dun obreiro nunha fábrica, o reflexo da sociedade industrial. A xente viaxa do campo á cidade e descobre unha nova paisaxe onde as
árbores mudan en enormes edificios. O operario busca o seu sustento
tentando integrarse nun sistema laboral que non atende a valores humanos
e onde a propia conduta da xente está mecanizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario