podemos ver este interesante video :
Na descrición do audiovisual infórmasenos que é o primeiro capítulo dunha serie titulada "Descubrindo as palabras" de http://youtubeiras.gal/
O Portal das Palabras adicoulle unha entrada a "pino" e outra a "piñeiro" indicando que a etimoloxía de ambas palabras procede do mesmo vocablo latino pinus-i, só que a segunda sufriu maior variación xa que parece ser que deriva da forma pinarius, do baixo latín.
Tamén é moi curioso ver como as corporacións municipais se meten a ensalzar símbolos por presuntas relacións lingüísticas sen fundamento lingüístico ningún. No vídeo vemos á presentadora a carón da estatua do galo piñeiro. Bo sería que antes consultaran a alguén que saiba do tema, e aínda mellor sería que actuasen con respecto á lingua de noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario