Para verificar a perda de riqueza cultural nun proceso de deterioro e
extinción da etnodiversidade con varias compañeiras e compañeiros do
Instituto de Estudos Miñoráns acometemos un extenso traballo de campo do
Val de Miñor con homes e mulleres habitantes das serras da Groba e do
Galiñeiro. Coa escusa da recollida de toponimia de varias parroquias
levamos a cabo un labor transversal que inclúe a recollida de
vocabulario e á vez dos usos e saberes tradicionais que transparentan a
estrutura e organización rural agrogandeira herdeira, continuadora da
explotación milenaria da terra que levou a un agudo coñecemento do
medio, levou á regulación do uso das augas, á observación da natureza, ó
coñecemento de xenealoxías de seres humanos e animais, á organización
comunal dos montes, ó aproveitamento do mar, á xestión das burras do
monte etc. etc... Hai xeitos e calidade de vida á que non queremos
volver pero hai moitos elementos milenarios constitutivos da sociedade
rural e mariñeira que deberiamos coñecer, recoller, transmitir e
aproveitar como recurso en diferentes aspectos.
por compartir.
1 comentario:
Grazas a vos por seguir divulgando as ideas recollidas no vídeo
Publicar un comentario