http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/premiados/actual-edicion
Brais Morán comezou a súa carreira musical no ano
1997. Na primeira década do século XXI foi recoñecido á fronte de
Loretta Martin, banda de referencia por ser única na música galega coa
súa mestura de funk e músicas negras en galego. Deste xeito percorre
parte de Portugal e España e edita tres discos: Loretta Martin (Falcatruada ,2005), Paraíso distante (Falcatruada, 2007) e Despois da Mandinga (Autoeditado, 2012).
En 2015 emprende a súa andaina en solitario co disco Cruzando o eclipse
(The Borderline Music, 2015) co-producido xunto a Arturo Vaquero, no
que conta coa colaboración dun dos seus grandes referentes e influencias
como é Fran Pérez Narf e con Belém Tajes (Luar na Lubre,Voodoo).
Neste 2018, despois de ser finalista na pasada edición dos Premios Martín Códax, presenta o seu novo disco No Mato do desespero: un
traballo máis ecléctico no que cristaliza de xeito natural todo o
vivenciado ao longo da súa traxectoria, confluíndo tanto o funk, o folk,
a música brasileira, os ecos de África, a tradición galega e as súas
orixes na Costa da Morte, mesturado así dende a perspectiva dun autor de
cancións de identidade única e honesta.
Actualmente conta cos músicos Fran Sanz, Marcos Pazo e Manu Seoane como banda habitual tanto no estudio como no directo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario