Club de Lectura "Colegas das palabras".
IES JULIO PRIETO NESPEREIRA
23 maio 2018
Cantas cousas podes facer en galego!
VIVE EN GALEGO!
O Concello de Carballo puxo en marcha unha campaña
para convidar a usar o galego libremente en todos os ámbitos sociais.
Ademais do vídeo, a campaña acompáñase dunha serie de carteis CC. Que é
iso? Así o explican:
Para corazóns contentos, para Compras e
Caprichos, para Conxeniar e Convivir, para Cálidas Cancións, para Cafés e
Confidencias, para Cabezas Creativas, para Cóxegas Cómplices, para
Conversas Cruzadas, para Crebar Cadeas, para Celebrar Conquistas...,
para Cantas Cousas! Para canto queiras podes usar e compartir a túa
lingua, sen restricións, sen límites, sen dereitos reservados. A licenza
do galego é libre, é CC, é Creative Commons, para que cada quen poida
usalo onde e cando queira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario