http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/premiados/actual-edicion
O grupo formouse em Decembro de 2005, momento no que comezamos a
ensaiar nun galpón dunha aldea chamada A Moninha, que está perto de
Compostela. Durante o ano 2006 chegaron os primeiros concertos e dende
aquel intre a banda non deixou de percorrer locais e escenarios por toda
Galiza e parte do extranxeiro.
Dende o primeiro día a aceptación do público foi increible e cada
concerto fixo que medráramos para dar o mellor de nós... Inda seguimos
ca mesma teima e pensamos que Som do Galpom é un grupo de directo; e o
directo, un bó lugar onde poder desfrutar da música que facemos. O realmente importante do proxecto é a ilusión ca que traballamos
dende o comezo; todo ese esforzo estivo encamiñado a crear un son própio
de horizontes descoñecidos para nós. A idea inicial era a de fusionar
diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que
queríamos transmitir. Queríamos facer unha música orgánica tocada por
nós fuxindo de arranxos electrónicos. Os nosos temas teñen un pouco de
funk, un pouco de reggae e un pouco de rap, polo tanto lle chamamos
funki-reggae-rap.
O grupo sempre estivo moi activo á hora de participar en concursos
para grupos non profesionais ( Certame musical Terra e Língua, Galiza
Crea, Nsaio no camiño, Fundation reggae festival...) e non nos foi nada
mal xá que fomos galardonados en moitos deles, o máis importante foi o
Nsaio no camiño 2008.
As nosas primeiras gravacións a modo de maquetas foron feitas en
diferentes estúdios : Savia Records, Radiogalega, Onirama estúdios... No
ano 2009 gravamos o noso primeiro disco “Em terra de ninguém”
(mesturado e masterizado nos estudos Casa de Tolos). Para o noso segundo
traballo de estudo (“A galinha de Troia”) houbo que agardar ata
Novembro de 2013, e foi gravado e mesturado en Oceano estúdios, a
producción musical estivo a cargo de Javier Abreu e o mastering se fixo
en Mastering Mansion (Madrid).
Neste ano 2018, despois dun parón de mais de un ano comezamos unha
nova etapa con enerxias renovadas,caras novas e un novo espectáculo.
Formación:
-Gael (voz)
-Brais (violino)
-Guille (guitarra)
-Iván (baixo)
-Pablito (bateria)
Ningún comentario:
Publicar un comentario