Cuarta
Xusta é un grupo de rock que naceu en 2016 da man de Aida, Marta, Lúa,
Alberto e Alba, pero é agora cando nos veñen presentar o seu primeiro
disco. Será o próximo 10 de marzo no Pub Gatos de Melide. O álbum, que
leva por título “Un novo espertar” sairá ao mercado xusto o día despois
da presentación.
“Berrar
con música as inxustizas que nos rodean”. Este é o lema musical do
grupo melidense Cuarta Xusta que sacou ao mercado (Marzo 2018) o seu
primeiro traballo discográfico composto por oito temas de contido social
e reivindicativo: “Un novo espertar”. No álbum, totalmente
autoproducido, colaboran varios artistas da escena musical galega como
Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de
Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus, algúns dos cales actuarán
tamén o día da presentación oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario