Filmoteca CGAI
"Do mesmo xeito que a Traxedia, a Comedia persegue provocar emoción no
espectador. Pero mentres que na primeira -dito en palabras de Valle
Inclán- o autor contempla aos seus personaxes como forzas superiores
gobernadas polo destino, no espazo da comedia "autor e personaxes
conviven, o primeiro como titiriteiro e os segundos como marionetas",
que ata podendo chegar a situacións esperpénticas, móstranse como seres
libres, donos do seu propio destino e xa que logo, capaces de conducir o
fío da trama (ás veces moi enmarañado) cara a un desenlace feliz.
Esa liberdade esencial que impregna o xénero fai da comedia o paraíso da
versatilidade, a sorpresa, a xenialidade, os cambios de ritmo e o
disparate.
Así, veremos un rei sen reino, os desvaríos do amor, a loita de egos,e
as inseguridades das relacións nunha sociedade no abismo da inmadurez.
De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB]
da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Ramón
Mirabet "Happy days", do que esperamos o mesmo... días felices para este
outono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario