23 setembro 2018

I Romaría feminista, 29 de setembro, Concello de Barbadás


 LOGO DO 8 M, CAMIÑAMOS





A Marcha Mundial Mulleres Galiza é un movemento feminista e anticapitalista que liga as loitas locais coas internacións a través dunha rede feminista que se coordena nos cinco continentes.
"Traballamos na Galiza en Ourense, Vigo, Ferrol, A Coruña,Santiago de Compostela e con alianzas en numerosas vilas para dar resposta ás agresións machistas e para construír unha axenda feminista propia para reclamar igualdade nun modelo económico que sitúe a vida no centro das políticas",aseguran.
Elas colaboran coa nosa Romaría Feminista na posta en marcha dun protocolo feminista e no punto lila e estarán presentes na mesa "Despois do 8M, que? que dará comezo ás 11h.
#Logodo8MCAMIÑAMOS

Ningún comentario: