Nace Galilusofonía, unha rede para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galiza e a Lusofonía
Participan trece iniciativas galegas e portuguesas. Realiza a súa primeira reunión no marco do Foro na Maré-Cantos na Maré.
Nace a Rede da Galilusofonía, no marco do Foro da Maré-Cantos na Maré,
impulsada por diferentes iniciativas galegas e portuguesas que
partillan o obxectivo común de difundir a música e as artes e aproximar a
língua e a cultura de Galiza e de toda a Lusofonia.
Estas iniciativas, con diferentes enfoques e formatos decididen
xuntarse co obxectivo de amalgamar esa audiencia para dar novos pasos na
dirección pretendida, sumando esforzos e recursos humanos e materiais.
Entre as iniciativas que manifestaron a súa adhesion á Rede están A
Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua
Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da
Associaçom Jose Afonso na Galiza, aRi[t]mar galiza e portugal-Escola
Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival
de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da
Poesia no Condado-SCD Condado, Fundación Via Galego, Ponte a
Portu-Gal-Concello de Ponteareas, Ponte nas Ondas eTraz outro amigo
também-Concello de Cedeira.
A Rede pretende agora reunir todas estas iniciativas arredor dun Foro e un Espazo internacionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario