A banda da loba: Andrea e Marcela Porto, Inés Mirás,
Estela Rodríguez e Lastra tomaron para o grupo o nome da mítica
bandoleira galega, apenas coñecida, que no século XIX "era temida polos
ricos e polos curas. Fálase moito de Robin Hood, pero nós temos a Pepa a
Loba, unha muller independente, que o pasou mal na vida e tivo a forza
de saír adiante. Queremos ser o símil de Pepa no mundo da música",
explica a vocalista da banda.
A marcada personalidade da Banda da Loba tamén se identifica nas cancións de "Bailando as rúas", onde hai unha exaltación da poesía, vinculada á música. Os poemas de
Rosalía Fernández Rial e Celia Parra, así como Celso Emilio Ferreiro,
poñen letra a algunhas das súas cancións. Guadi Galego e Tanxugueiras participan tamén neste traballo, as últimas
no tema "Pepa", que compuxo Lastra, onde se conta a historia desta
histórica muller galega: "Bebín de diferentes fontes porque as historias
sobre Pepa son distintas". A letra está envolta nun marcado estilo
folk, pois "ao ser de aquí, era o estilo que máis lle pegaba".
Ningún comentario:
Publicar un comentario