"Máis de mil tormentas despois, coa pólvora aínda no ar, seguimos
tragando po. O mesmo po que erguemos cando organizamos a tempestade,
brotando de cada un dos nosos corpos que bateu contra o chan,
esvaecéndose entre os dedos dos puños que golpean o ceo." Esta é a
presentación que a banda galega Ezetaerre fai do seu novo disco. Os EZR
collen inspiración nun episodio histórico dos anos 30 nos Estados
Unidos, o Dust Bowl, que deixou ver a desprotección na que quedaban as
clases humildes do país ante unha catástrofe ambiental lixeiramente
posterior ao Crac do 29 e que para os tres rapeiros galegos garda moitos
paralelismos coa situación sociopolítica actual. Temas como As uvas da ira
son referencias directas a ese episodio. Así os EZR canalizan o
conflito a través das súas letras explícitas que en galego amosan a súa
postura combativa de clase e global que abrangue “desde Iowa ata Ferrol,
de Beirut a San Andres” e cun recordo ao compromiso social do líder de
The Clash Joe Strummer no Letras para Woody Mellor.
Para ver video ide a esta ligazón: https://ezetaerre.com/wordpress/discografia/
Ezetaerre continúa na liña de compromiso social que amosaron dende a
saída da súa primeira maqueta, de nome homónimo, e que deu paso ao LP Aspiraciones Mínimas e Urxentes e o maxi 100.
Novas letras, novos ritmos e novas ideas, pero sempre baixo as tres
consignas que os caracterizan: dignidade, solidariedade e humildade. O
disco sae baixo o selo New Beats, subselo da catalana Kasba Músic
-gravado nos estudios Pousada Son, en Ames- conta coas colaboracións de:
High Paw, Arnau de Zoo e Martin Plan B. Tamén Rubén Sierra de La
Pegatina; os grupos cataláns Ginestá e Akelarre; Salma dende Beirut,
Líbano e vellos coñecidos como Samu Acaracán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario