FONTE: https://www.youtube.com/channel/UCTBs4R14jqH0Lbh1oQoun3A
O Concello e a veciñanza da Estrada renden a súa homenaxe particular á
figura de Rosalía de Castro a través dun video clip gravado por boa
parte dos músicos e bandas estradenses.
Nesta ocasión, a homenaxe maniféstase a través dunha declaración de
amor. Unha declaración de amor ao legado literario e vital da autora que
se resume no lema Estás en min.
A escolla deste lema non é casual; xa que se inspira na mítica
composición de Ben. E. King Stand by me (Conta comigo).
No ano 2005, o productor e enxeñeiro musical Mark Johnson puxo en marcha
o proxecto Playing for change, que trataba de conectar todo o planeta a
través da música. Como metáfora desta unión, na interpretación e
gravación desta canción van participando músicos de todo o mundo, como
un sinónimo de integración e convivencia intercultural. Este é o
obxectivo do noso proxecto: Unir a artistas e bandas estradenses de
distinta procedencia musical no reto de renderlle unha homenaxe a
Rosalía.
Tomando como base o video clip de Mark Johnson, bandas estradenses como
Gabriel Estrada (Plan Siberia), Pablo Carracedo "Jasper" e Gustavo Brea
(Nao), Xurxo Rodríguez (Esquíos), Andrea Porto (A Banda da Loba), Lucía
Azurmendi e Juan Núñez (The Bichos Band) e artistas como Anxo Fernández,
Manuel Brey, Paco Guerra, Fernando Sanmartín, Xosé Manuel Marque,
Jesús Carbia, Sheila Carbia, Saleta Lueiro, Nuria García, Ángela Eiras,
Lía Vázquez, Nagore Fernández e Noa Baloira participaron na gravación e
filmación do proxecto audiovisual.
Pola súa banda, da dirección e realización do proxecto audiovisual
encargouse o realizador estradense Lucas Terceiro, e da produción
musical, Valentín Torrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario