TERBUTALINA: "Muinheira de costa"
Esta banda volve cun LP de dez coplas de rock’n’roll no que a banda
vai dende o punk ao pop e dende o rock ata a música tradicional galega.
Gravado e producido nos estudios “A Ponte” por Tomás
Ageitos, trátase dun traballo no que os de Esteiro nos transportan á
Costa da Morte, ao son atlántico con coplas cheas de retranca e do que xa temos dous adiantos, "Marisco Barato" e "Muinheira de Costa", dispoñibles en Spotify. O disco sairá en outono:
LETRA:
Eu canto cando quero
Cando non quero non canto
Para os que quero aínda canto e para os que non non canto tanto
Cántolle ao demo, cántolle ao espírito santo
se non tes ninguén que che cante
eu cántoche encantado
Cántolle aos amores
Os amores que non falten
Temos de cantar, de bailar, os amores que non falten
Pequecha biografía: banda de Esteiro (Muros), paseou o seu rock'n'roll por festivais como o Son Do Camiño, Fuzzville, Son Rías Baixas… lugares nos que compartiron cartel con nomes como
Siniestro Total ou Manu Chao.
No 2014 conseguiron o "Premio a Mellor Álbum en Galego" nos "Premios da Música Independente" co seu disco A MUERTE.
No 2015 lanzan AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, gravado por Tomás Ageitos nos
estudios “A Ponte” e masterizado por Jim Diamond ( The White Stripes, The Sonics…).
Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroski-Paraíso” conseguen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor
Música Orixinal”.
Fonte: https://www.terbutalina.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario