30 maio 2019

GUADI GALEGO E IVÁN FERREIRO: "Cedeira"

GUADI GALEGO E IVÁN FERREIRO: "Cedeira"
 Immersion, o novo disco de Guadi Galego, á venda en outubro. O primeiro adianto do traballo consiste nunha regravación da emblemática Cedeira, acompañada de Iván Ferreiro.
Este traballo contén once versións do seu propio cancioneiro e un inédito (Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), tratados pop con querenzas folk, son as fontes) .



A relectura é musical e é lingüística. As cancións pasan a sete idiomas, todos falados na Península Ibérica: catalán, euskera, occitano, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego. “Pensei nos meus fillos e fillas. Quería que escoitasen esas linguas, algunhas moi minorizadas”, di. E os arranxos mudan, incorporan unha morea de colaboracións e danlles outra vida ás pezas.
Fundamentalmente intimista, é a produción a que unifica o son. “É un disco para a escoita, para que a xente abra a mente e os ouvidos”, sinala, “ao cabo, trátase dun disco arriscado. As persoas teñen un imaxinario sobre como eran estas cancións, e a revisión que fago é bastante heavy. Pero se te moven por dentro, xa está”. “Outro xeito de ollalos, unha visión íntima de cada un”, escribiu recentemente nas redes sociais.
Despois de Cedeira, Guadi Galego publicará outro avance de Immersion, Fronteiras. Cantará en catalán coa pianista jazz http://clarapeya.com/es/ e a cantante http://www.juditneddermann.com/

Ningún comentario: