"SITUACIÓN DE RECESIÓN"
Pero a situación de involución da lingua de signos galega non debería
sorprender agora a ninguén. González Abelaira lembra que xa "no ano
2008, no que se edita a revista As nosas mans, un ano despois
do recoñecemento oficial de dúas linguas de signos españolas, a LSE e a
LSC, xa se considera a situación de recesión á que está condenada a LSG,
pola crecente presenza da LSE en todo o ámbito estatal e dentro da
comunidade xorda e polo seu recoñecemento por parte da comunidade
oínte".
Ademais, o asociacionismo dende Galicia con outros colectivos xordos de
España determinou "unha maior uniformidade lingüística, en detrimento
das formas de cada territorio", aporta a profesora da USC.
En Galicia existiu unha lingua de signos diferente a outras na
Península Ibérica e aínda que todavía é unha lingua viva, pódese
considerar en perigo de extinción. O certo é que nós, tras facer unha
busca en Google sobre "lingua de signos galega" só recibimos 702
resultados no maior motor de busca de información que existe; unha proba
máis da precaria saúde da LSG.
Himno galego en lingua de signos galega: González Abelaira, C. (2016). Unha lingua de signos galega? Estud. lingüíst. galega, 8, pp. 89-106. DOI: http://dx.doi.org/10.15304/elg.8.3065
FONTE: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/33312-lingua-signos-galega-condenada-desaparecer
Ningún comentario:
Publicar un comentario