Unha vez máis, grazas ao blog https://cartaxeometrica.blogspot.com/2019/10/as-razons-do-galego-facultade-de.html podemos compartir doadamente campañas normalizadoras e dinamizadoras do noso idioma:
O SNL da USC proponnos unha nova campaña de sensibilización para o uso
do galego. Trátase de visibilizar os prexuízos que impiden usar esta
lingua. Neste primeiro vídeo o alumnado da Facultade de Bioloxía expoñen
as razóns para utilizaren (ou seguiren utilizando) o galego
habitualmente na súa actividade académica.
No segundo vídeo tócalle a quenda ao profesorado da mesma facultade.
No segundo vídeo tócalle a quenda ao profesorado da mesma facultade.
Temos o dereito, a necesidade e a obriga ética e moral, de transmitir coñecementos no noso idioma, do contrario, as carencias serán o herdo que lle deixemos ao noso futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario