13 outubro 2019

Son Trío · Un día

Son Trío gañou o II Premio Celso Emilio Ferreiro coa canción “Un día”

(04/01/2019) Premio bianual que convoca a Fundación Celso Emilio Ferreiro, que premia a mellor canción con música orixinal e textos do poeta. Katerina Linke compuxo unha curiosa melodía para o poema Un día que Celso Emilio adicara a o seu amigo Antón Beiras, interpretado tamén por Su Garrido Pombo á voz e Susanna Blanco ao cello.

Máis información do grupo: http://www.sontrio.eu/gl/quen-somos/

O videoclip foi gravado integramente nas rúas de Vigo que tantas veces percorreran o protagonista e o autor do poema. 

UN DÍA 

Eu sei que un día dobraréi unha esquina e xa non voltaréi atrás. Colleréi unha rúa de auga infinda feita de noite e de cristal. Pasarán silenciosos carros e xentes que nada me dirán. Camiñarei perdido definitivamente e nunca máis voltaréi ao meu fogar. Entón, non tendo outra cousa que facer, seguramente poréime a pensar que a vida é un motor moi complicado i-a morte unha solemne imbecilidá

Ningún comentario: