O
Instituto Galego de Estatística (IGE) presentou o r27 do 09 de 2019 os datos sobre
coñecemento
e uso do galego, extraídos
da Enquisa
estrutural a fogares
de 2018. No ano
2018
un dos módulos específicos está dedicado ao
coñecemento e uso da lingua galega. Neste módulo analízanse, entre
outras cousas, o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas
formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais. Imos expor o resumo extraído da súa páxina: https://www.ige.eu/estatico/html/gl/OperacionsEstruturais/Resumo_resultados_EEF_Galego.html#uso-habitual-e-inicial-do-galego
Segundo as conclusións recollidas polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia) do Consello da Cultura Galega (CCG): http://consellodacultura.gal/cdsg/paxinaarq.php?id=6122 , en termos xerais, non se perciben nestes últimos cinco anos
grandes mudanzas, con respecto á Enquisa
de 2013:
O 30,57%
da poboación de Galicia afirma falar sempre
en galego
(0,63 puntos menos ca en 2013), un 21,72%
afirma falar máis
galego que castelán
(1,43 puntos máis ca en 2013), un 23,32%
afirma falar máis
castelán que galego
(1,06 puntos máis ca en 2013) e un 24,
40%
afirma falar sempre
en castelán
(1,85 puntos menos ca en 2013). Mantéñense tamén as grandes
desigualdades de usos segundo a idade da poboación, resultando
especialmente preocupante na franxa de entre
5 e 14 anos,
onde só
o 26,12%da poboación fala “só galego” ou “máis galego que castelán”.
Imos expor ( en sucesivas entradas) unha recompilación de datos desas estatísticas do IGE segundo coñecemento e uso do noso idioma:
Coñecemento do galego 1
No ano
2018
o 57,59%
dos galegos e das galegas de 5 ou máis anos manifesta que sabe falar
o galego moito, o 30,46%
bastante e o
11,95%
pouco ou nada. Entre a poboación
menor de 15 anos, a porcentaxe de persoas que saben falar pouco ou
nada o galego sitúase no 23,90%,
mentres que entre a poboación de 65 ou máis anos sitúase no 8,84%.
A familia segue a ser a principal vía de
aprendizaxe do idioma galego. O
83,36%
dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste ámbito,
pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á
familia como medio de aprendizaxe: o 93,73%
das persoas neste grupo de idade aprendeu o galego na escola e o
69,99%
coa familia.
Persoas
que saben falar galego por idade. Galicia. Ano
Unidade: porcentaxe (%)
2018
Unidade: porcentaxe (%)
Idade
|
Total
|
Moito
|
Bastante
|
Pouco ou nada
|
---|---|---|---|---|
Total
|
100
|
57,59
|
30,46
|
11,95
|
De 5 a 14 anos
|
100
|
38,03
|
38,07
|
23,90
|
De 15 a 29 anos
|
100
|
63,01
|
27,15
|
9,84
|
De 30 a 49 anos
|
100
|
61,06
|
26,73
|
12,21
|
De 50 a 64 anos
|
100
|
56,22
|
32,09
|
11,69
|
De 65 ou máis anos
|
100
|
58,54
|
32,62
|
8,84
|
Uso habitual e inicial do galego
En
2018
o
30,57%
da poboación de Galicia fala
sempre en galego. Esta porcentaxe é inferior á rexistrada hai 5
anos en 0,63
puntos.
Por outra banda, a porcentaxe de poboación
que fala máis galego que castelán
aumentou
1,43
puntos respecto ao ano 2013
ata situarse no 21,72%;
tamén aumentou
a porcentaxe dos que falan máis castelán que galego: 22,26%
en 2013
e 23,32%
en 2018.
Finalmente, algo máis do
24%
dos e das residentes en Galicia fala sempre en castelán, 1,85
puntos porcentuais menos
que en 2013.
O uso do galego é desigual dependendo da
idade da poboación. Deste xeito, o
48,48%
das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un
24,91%
utiliza máis o galego que o
castelán. Pola contra, entre os rapaces e as rapazas de 5 a 14 anos,
o 14,27%
habitualmente sempre fala en
galego, o 11,85%
máis en galego que en
castelán e o 73,88%
restante utiliza
sempre o castelán ou máis castelán que galego.
Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente por idade. Galicia. Ano
2018
Unidade: porcentaxe (%)
Idade
|
En galego sempre
|
Máis galego ca castelán
|
Máis castelán ca galego
|
En castelán sempre
|
---|---|---|---|---|
Total
|
30,57
|
21,72
|
23,32
|
24,40
|
De 5 a 14 anos
|
14,27
|
11,85
|
29,75
|
44,13
|
De 15 a 29 anos
|
18,94
|
18,45
|
30,75
|
31,86
|
De 30 a 49 anos
|
23,66
|
20,64
|
28,25
|
27,45
|
De 50 a 64 anos
|
32,78
|
25,35
|
21,51
|
20,36
|
De 65 ou máis anos
|
48,48
|
24,91
|
12,96
|
13,65
|
No tocante á
lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua
máis utilizada polas persoas que viven en Galicia. A porcentaxe de
poboación que habitualmente escribe en galego é do
16,64%.
Ao comparar os
datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que
entre as persoas que sempre falan en galego, o
36,19%
escribe habitualmente na mesma lingua e o 63,81%
faino en castelán. 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Lingua na que escriben
|
|||
---|---|---|---|
Lingua na que falan
|
Total
|
Galego
|
Castelán
|
Total
|
100
|
16,88
|
83,12
|
En galego sempre
|
100
|
36,19
|
63,81
|
Máis galego ca castelán
|
100
|
23,79
|
76,21
|
Máis castelán ca galego
|
100
|
3,02
|
96,98
|
En castelán sempre
|
100
|
0,73
|
99,27
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario