Segundo os resultados da enquisa do IGE sobre coñecemento e uso do idioma galego nos fogares https://www.ige.eu/estatico/html/gl/OperacionsEstruturais/Resumo_resultados_EEF_Galego.html#uso-habitual-e-inicial-do-galego:
Uso do galego no ámbito familiar
O 44,34%
da poboación de Galicia que
ten fillos ou fillas fálalles en galego sempre, o 31,20%
sempre en castelán, o 13,85%
máis
castelán que galego e o 9,50%
máis
galego que castelán. No tocante aos fillos e ás fillas, cabe
destacar que arredor do 39%
fala sempre
en galego cos seus proxenitores e arredor do 37%
sempre en castelán.
Persoas segundo a lingua na que
falan no ámbito familiar. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito familiar
|
En galego sempre
|
Máis galego ca castelán
|
Máis castelán ca galego
|
En castelán sempre
|
Outras situacións
|
---|---|---|---|---|---|
Nai
|
39,36
|
6,68
|
14,59
|
37,19
|
2,17
|
Pai
|
37,99
|
7,70
|
14,46
|
37,57
|
2,28
|
Avós
|
38,30
|
9,70
|
14,66
|
34,94
|
2,40
|
Fillos
|
44,34
|
9,50
|
13,85
|
31,20
|
1,10
|
Irmáns
|
45,54
|
7,87
|
11,05
|
33,71
|
1,82
|
Parella
|
44,53
|
8,24
|
11,96
|
34,18
|
1,10
|
Uso do galego no ámbito social
Dentro do
ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas
relacións entre amigos. O
34,12%
da
poboación de Galicia habitualmente fala sempre en galego cos amigos
e coas amigas. Porén, o 39,40%
comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en
castelán e o 34,07%
sempre utiliza este
idioma cos especialistas sanitarios.
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito social. Galicia. Ano
2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito social
|
En galego sempre
|
Máis galego ca castelán
|
Máis castelán ca galego
|
En castelán sempre
|
---|---|---|---|---|
Amigos
|
34,12
|
17,96
|
20,60
|
27,32
|
Comerciantes
|
30,27
|
19,14
|
21,34
|
29,25
|
Médicos
|
27,88
|
18,22
|
19,82
|
34,07
|
Profesores dos seus fillos
|
23,48
|
15,81
|
21,31
|
39,40
|
Persoal da administración
|
29,30
|
20,37
|
19,76
|
30,57
|
Persoal da banca
|
28,74
|
17,92
|
19,32
|
34,02
|
Uso do galego no ámbito laboral
No referente ao
ámbito laboral, o
29,57%
das persoas
ocupadas de Galicia fala sempre en galego cos compañeiros e coas
compañeiras de traballo e o 18,61%
utiliza máis galego que castelán. A porcentaxe das persoas que
falan sempre en galego ou máis galego que castelán cos seus
superiores sitúase no 42,79%.
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito laboral. Galicia. Ano
2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito laboral
|
En galego sempre
|
Máis galego ca castelán
|
Máis castelán ca galego
|
En castelán sempre
|
---|---|---|---|---|
Compañeiros de traballo
|
29,57
|
18,61
|
23,90
|
27,92
|
Persoal ao seu cargo
|
24,54
|
18,90
|
24,78
|
31,78
|
Superiores
|
25,08
|
17,71
|
21,86
|
35,35
|
Clientes
|
21,76
|
25,92
|
28,70
|
23,63
|
Uso do galego no ámbito educativo
No ámbito educativo a utilización de ambos idiomas, galego e castelán, é bastante parella: o59,57%
das persoas que estudan en Galicia recibe a mesma proporción de
clases en galego que en castelán. Agora ben, se diferenciamos pola
idade da persoa e, por conseguinte, por nivel educativo, esta
porcentaxe cambia: sobe ata o 72,72%
para a poboación de 5 a 16 anos, pero baixa ata o 36,03%
entre a poboación de 17 ou máis anos. Este colectivo recibe o
46,48%
das clases en castelán ou
maioritariamente neste idioma.
Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases por idade. Ano
Unidade: porcentaxe (%)
2018
Unidade: porcentaxe (%)
Lingua | Total | De 5 a 16 anos | De 17 ou máis anos |
---|---|---|---|
Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
Todas en galego | 1,28 | 1,03 | 1,71 |
Maioritariamente en galego | 11,51 | 9,13 | 15,78 |
Igual en galego ca castelán | 59,57 | 72,72 | 36,03 |
Maioritariamente en castelán | 24,96 | 15,68 | 41,58 |
Todas en castelán | 2,68 | 1,44 | 4,90 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario