Nas dúas entradas anteriores recollemos datos obtidos do IGE . Hoxe imos incorporar a opinión deses resultados aparecidos en medios de comunicación galegos, RESALTAMOS TITULARES E FONTES:
Por Galicia
Confidencial | Compostela | 27/09/2019 |
Debate
sobre o futuro do galego: A Xunta asegura que se consolida como
“lingua maioritaria” en Galicia
Tras a publicación por parte do IGE
dos datos sobre o seu uso, A Mesa (Mesa pola Normalización) di que se constata “a falta de
liberdade para vivir” neste idioma e a súa conversión "nunha
lingua estranxeira no propio país".
Os datos que o Instituto Galego de
Estatística (IGE) fixo públicos este venres sobre o coñecemento e
uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018 están dando
moito que falar, tanto, que as valoracións son completamente
diverxentes en función de quen as emita. Así, mentres que para a
Consellería de Cutlura as cifras amosan que o galego se
consolida como “lingua maioritaria” de Galicia, para a
Mesa “constatan a falta de liberdade para vivir en galego”. Así, di que
o informe do IGE apunta a unha perda continuada de falantes,
especialmente no ámbito urbano, e mais a diglosia nas relacións
sociais, cunha importante baixada do número de persoas que empregan
só o galego en servizos docentes (23,48%), sanitarios (27,88%),
administrativos (29,30), bancarios (28,72%) ou comerciais (30,27%).
"Unha situación favorecida", denuncia o presidente da
Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, "pola
vulneración de dereitos lingüísticos e pola exclusión do
idioma de Galiza de grande parte dos ámbitos de uso e pola
imposibilidade de devolución, oral ou escrita".
"Esta nova enquisa do IGE proporciona un novo dato aterrador
sobre as consecuencias do mal chamado decreto de plurilingüismo",
recorda Maceira a través dun comunicado. No tramo de idade no que se
aplica o decreto, entre 5 e 15 anos, o 30,04% recoñecen non saber
escribir galego, o 18,32% non saber lelo e o 23,9 % non saber falalo,
o que supón un incremento do 8,42%, do 4,06%, e do 7,6%
(respectivamente) sobre os datos recollidos no 2008..
Ningún comentario:
Publicar un comentario