Autora: Teresa Moure
Editorial:Ed. Deputación Provincial da Coruña ,2008.
Editorial: Xerais, INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Unha primavera para Aldara é unha peza teatral que se
desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No
exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres
feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido
gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no
mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia
e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento
serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que
culminará nunha traizón. En palabras da autora "os personaxes desta obra
teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran
horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a
paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e
fraternidade". Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro
Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en
lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal
2009.
Foi estreada en 2009 por Teatro do Atlántico, cun elenco formado por María Barcala, María Bouzas, Belén Constenla, Marcos Correa, Xosi Laxe, Amparo Malo, Xoán Carlos Mexuto, Pilar Pereira, Lucía Regueiro e Agustín Vega.
1 comentario:
Esta peza de teatro trasládate totalmente ao século XV onde tivo lugar a Revolución Irmandiña (tema principal da obra).
Ambiéntase nun mosteiro onde a corrente de pensamento é moito máis actual ca dos nosos días,por moi contraditorio que pareza.
Intriga,emoción,anaquiños de humor e sobre todo momentos moi inesperados mestúranse facendo deste libro unha oportunidade perfecta para viaxar no tempo.
Engánchate dende a primeira escena e cando rematas a obra sentes verdadeira mágoa de non poder vela en directo, esta é, entre outras, unha das características das obras teatrais que as fan ser diferentes de todo tipo de xéneros literarios.
Publicar un comentario