'Contrapunto' de Tanxugueiras, un canto que reflexiona sobre a
situación da muller na nosa sociedade e sobre o seu empoderamento a
través de letras tradicionais que se cantan dende antigo na xeografía
galega.
O 5 de Decembro no Auditorio Ilduara de Celanova
Fonte: https://tanxugueiras.com/
Desposorio é o single que veñen de presentar as Tanxugueiras, un adianto do seu novo traballo Contrapunto, que verá a luz o vindeiro 22 de novembro.
Seguindo o ronsel do seu primeiro traballo, as intérpretes continúan
coa reinterpretación e actualización da música de tradición oral.
Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío presentan Desposorio cun videoclip dirixido por Trece Amarillo.
O tema colle as letras tradicionais para reinterpretalas desde o
presente, no que desde o grupo definen como un “canto á liberdade da
muller” e ao seu empoderamento, remarcando as presións sociais ás que aínda hoxe se ve sometida na toma de decisións. “A palabra téñoa dada / e non sei se a cumprirei”, afirma o tema.
O segundo álbum, Contrapunto, continúa na liña de desafío
aos confíns da música tradicional coa pretensión de a colocar nun
escenario actual no que poida competir con ritmos pop e indie.
As voces e a percusión son as protagonistas e no que se reitera o seu
apego pola música de baile e da tradición das pandeireteiras. Esta
aposta valeulles o premio a mellor álbum galego 2018 nos Premios MIN da
Música Independente e o Martín Códez da Música Tradicional polo seu
debut.
Ningún comentario:
Publicar un comentario