Autor: Miguel Anxo Prado.
Editorial: Retranca editora.
Álbum ilustrado
Un hipopótamo que nace con déficit de tostesterona e iso facilita que sexa un animal pacifista, que non sente a necesidade de atacar nin de realizar ningún "postureo" diante da súa manda porque el é quen de vivir ao seu aire sen necesidade de amolar a ninguén. Así, procura unha charca para el porque non é rival nin inimigo, el tan só quere ser feliz e ter amizade con todos os animais que o rodean.
Un libro fermosísimo que prende sorrisos e fai cavilar.
O AUTOR: Se cadra ser competitivos, ver os nosos compañeiros como rivais e
sentirmos na obriga de demostrar todo o tempo que somos os mellores non
sexa o mellor xeito de tentar ser felices e axudar aos outros na súa
arela de selo. Amani, un hipopótamo cachazudo, busca nas beiras do río
Pantikora o mellor modo de ser feliz sen amolar aos demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario