Unha ondulante fronteira divide o que sentimos e o que pensamos. Por iso
moitas veces quen nos quere ben encoméndanos ao noso sentir: Vai con sentidiño!
No lingüístico sentidiño é unha palabra derivada que ten como base o vocábulo sentido, no dicionario refírese á “capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta”. O papel do sufixo derivativo –iño, que neste caso non
outorga á nova palabra o matiz habitual de máis pequeno senón o de
“calidade de sensato’, expresando con frecuencia tamén certa
complicidade coa persoa coa que se fala. De feito, o noso sentidiño
podería considerarse un sinónimo do sentido común, que o Dicionario
define como “bo xuízo” ou “calidade ou capacidade de xulgar e actuar
cabalmente”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario