AUTOR:XESÚS MANUEL MARCOS
TÍTULO: O bebedor de rakia.
EDITORIAL: XERAIS.
RESEÑA: Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á
súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no
silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista
en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando
formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame,
a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia,
a morte foron experiencias que abriron en Alberte unha ferida desas que
non sollan, a da marca profunda do medo, esa cicatriz pola que supura o
suor da carraxe. Des que regresou daquel inferno, Alberte converteuse
nun auténtico alieníxena, refractario a todo sentimento; dende entón,
lembrar é a súa única manifestación de valentía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario