06 decembro 2019

NAO

Nao

Nao son un grupo de rock e metal da Estrada, fundado a mediados da primeira década do século XXI e que se despide o 7 de decembro de 2019 cun concerto no Recinto Feiral de Amio. 
Tras a gravación de dúas maquetas que publican no 2006, Usa a palabra e Somos Nao, o grupo grava o seu primeiro LP, As palabras espidas no 2007. Despois tiraron o seu segundo álbum, Coas túas mans, (autoeditado, 2010), nove temas que misturan sentimentos e dureza dunha das bandas nacionais con maior proxección, que sacou este novo disco despois dun ano enteiro de traballo e dun, segundo eles, merecido repouso. A finais de 2012 comezou un proxecto de crowfounding para publicar o seu terceiro traballo, Cancións de amor e liberdade, (Autoeditado, 2013), que verá a luz o 26 de febreiro de 2013. Na altura, os Nao son Jasper: Guitarra e Voz; Gus: Guitarra; Paul: Baixo e Amós: Batería.
No 2014, o grupo fíxose co galardón da categoría Metal na segunda edición dos Premios Martín Codax da Música. No 2015, puxeron música á campaña de Nós - Candidatura Galega para as Eleccións xerais de España de 2015 coa canción “Nós, porque este soño é necesario para un soño” en colaboración con Mini e Navia Rivas. No 2016, lanzaron un dobre álbum Soñar e Crear. Ao longo do ano 2018 foron lanzaron sinxelos, "O brazo armado" e "Cultura crítica" (este último conta coa colaboración das Tanxugueiras e de SonDaRúa), do que é o derradeiro disco dos Nao, Ata que o lume se apague, presentado o 20 de novembro de 2018 na Nave de Vidán de Compostela e gravado entre os estudios Pousada Son de Iago Pico e Gárate de Kaki Arkarazo. 
 
 

Ningún comentario: