Que as nenas canten Non son fada para min é o orgullo máis
grande.
Recuperamos parte da entrevista de Praza do venres 29, decembro 2017, feita por Montse Dopico:
Pensar que puiden axudar dalgunha maneira a que unha nena se
plantee temas como a igualdade, ou a xustiza en xeral: de xénero, de
raza, de idioma, do que sexa, é o máis que podo pedir. Que abran as súas
mentes a todo iso dáme, ademais, esperanza en que sexan adultas que
cuestionen, que critiquen, que loiten polos seus dereitos. Ese é o pago
máis valioso que podo ter polo meu traballo.
Pertence ao Álabun Readmirando a condición, do seu primeiro traballo, ‘Admirando a condición’, e da nova versión
completa, con novos arranxos e con todas as cancións gravadas de novo.
(...) Pasaron seis anos eCon
Sés segue
admirando a condición e protestando ante a mentira ou a inxustiza. -
Non son fada nin princesa
Se teórica é a causa,
práctica é a consecuencia.
Non quero asumir ausencias
nin chorar para partir.
Comer e deixar que comas,
vivir e deixar que vivas,
loitar se a loita é precisa
e rir se é preciso rir.
Non son fada nin princesa a quen mirar.
Non sei cobrar cando estimo
nin dou se non quero dar,
quero falar e falar
sen dar nada por ouvido.
Camiñar cos pés no chan
negar deuses asasinos,
non crer sen ver, dubidar,
confiar só nos sentidos.
Fanme rir porcos de pé,
contemplo olvido e memoria.
Só forxa patrias a historia,
fabríqueas quen quixer.
Cuspo enriba do papel
que mutile a identidade,
viro as costas ás vaidades,
deséxolle a morte aos reis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario