A Banda Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do 
tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio 
humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é
 o fío condutor dunha iniciativa única da que xa agromaron festivais 
poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos 
culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de 
Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou 
cunha forte presenza da emigración galega.
Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de 
bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os 
Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os 
Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), 
Dios Ke Te Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A 
Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)... 
Xuntos conforman unha locomotora musical de vocación festiva.
Esta fora a súa presentación no festival Terral Brava 2017
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario