Trópico de Grelos son unha asociación cultural formada por mozos e mozas
de Santiago de Compostela cunha inquedanza común: a
percusión. Recollendo dende Galicia os sons afrobrasileiros, as
súas alegres e participativas actuacións enchen a rúa de música e cor.
Ademais, Trópico de Grelos leva a escola de percusión Prucupá e organiza
o Bate Batuke, unha xornada festiva na que se levan ao cabo unha serie
de actividades abertas ao público de todas as idades. Concertos,
obradoiros de percusión e danza, espectáculos, circo… Todo culminado cun
gran pasarrúas ao día seguinte por algún dos recunchos máis
emblemáticos do casco histórico compostelán.
Aquí tedes un pedaciño do que aconteceu nos pasados carnavais 2017 en Ourense con Trópico de Grelos
Ningún comentario:
Publicar un comentario