Anémona de Río, alumna do Garaxe Hermético, presenta o primeiro manga galego: 'Tam'.
Os mangas son os cómics tradicionais xaponeses e agora tamén terán unha visión galega grazas ás habilidades da debuxante e creadora Anémona de Río, el alter ego de Aldara Àlvarez García.
A súa primeira obra leva por título 'Tam' e logrou o Premio Fin de Curso 2017 en O Garaxe Hermético, a escola de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva. Ten a honra de ser o primeiro manga galego.
'Tam' conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes. A
partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto
físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo
da moda entre os gustos da mocidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario