26 xaneiro 2020

Que foi Eufalo.TV

 María Yáñez Anllo explica:

O 26 de xaneiro de 2010 lanzábase Eufalo.TV, unha web con vídeos (que daquela pretenciosamente chamamos 'documental colaborativo', e si que o era) coa intención de facer un retrato lingüístico no país en plena rebelión contra o precursor do 'pin parental' co que o recén estreado goberno de Feijoo quixo limitar a aprendizaxe da nosa lingua nas escolas. Conseguimos moita atención e que colaborase moita xente, á que lle estou moi agradecida. Tamén a todas as persoas que de xeito aleatorio collemos pola rúa e nos contaron honestamente en que falan e por que. Só con esas dúas preguntas, e a diversidade de respostas, buscabamos entender mellor a realidade sociolingüistica que nos rodea. Escoitando as experiencias sen xulgalas no individual.
Fixen cousas parecidas antes (Linguas Cruzadas) e despois (Vinte falando) pero penso que este foi o retrato máis real, por espontáneo sobre todo. Este vídeo no que Noa García lles preguntaba a persoas pola rúa en distintas vilas e cidades demostra que a xente anónima, con calma e sen alcachofa (iamos cunha camariña de fotos dixital) ten moitas mais cousas que contarnos que as que vemos nos telexornais.
10 anos despois queda un retrato colectivo no que creo que moita xente nos podemos recoñecer. Este foi o trailer que daquela lanzamos ao mundo. A web do proxecto xa non existe pero os videos andan case todos polo Youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PL59ACD7163606A709&fbclid=IwAR1aicQ3g92SqXl0kbPG_FmK5eE6yDDw77APIhHLBcZm2Ni3n-4t57vfblc

Abrimos sentidos co reconmenado por María:


 PARA SABER MÁIS DE MARÍA YÁÑEZ: https://mariayanez.eu/
https://twitter.com/myanllo

Ningún comentario: