RESEÑA: Cun plantexamento cronolóxico, esta obra desgrana os episodios que
conduciron á materialización dunha das obras da Arte Contemporánea máis
famosas de todos os tempos, Entre malo e xuño de 1937, o pintor Pablo
Picasso plasma toda a rabia, a impotencia e a dor que Ile causa o
bombardeo sobre Guernica.
O mural foi un encargo para representar a España na Exposición Universal
de París, pero converteuse nun símbolo da libertade, unha metáfora
sobre o drama humano, o despropósito político e a antesala da debacle
posterior, co estourido da II Guerra Mundial.
Heliane Bernard asómase á vida persoal do artista malagueño e repasa os
feitos dende varios puntos de vista: aborda o complexo contexto
histórico, métese na pel das vítimas da violencia, empatiza con aqueles
que -como Picasso- asisten aos acontecementos dende a distancia e
proxecta a conmoción que Ile causa tanta destrucción. As ilustracións de
Olivier Charpentier, de trazos sobrios e audaces, xogan co simbolismo
cromático: o vermello e o negro do sangre e da morte apodéranse do
universo azul do pintor, dominando o seu impulso creativo.
O álbum contén un anexo con máis información sobre a historia de España
na década de 1930 e unha biografía de Pablo Picasso que percorre a súa
etapa parisina, a súa evolución artística e a súa obra máis universal;
Heliane Bernard analiza os personaxes, elementos e composición do
"Guernica" para que os lectores reflexionen sobre o seu significado: a
crueza extrema dos conflictos bélicos, un berro contra a senrazón, un
lenzo comprometido, que actualmente se pode visitar no Museo Nacional
Centro de Arte Reina Sofía, de Madrid.
FONTE: http://culturagalega.gal/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1274
Ningún comentario:
Publicar un comentario