Pilar Ponte: 21 día co galego . Temos que sumar!!!!
“Vivir en galego no século XXI”
O luns 13 de xaneiro 2020 botou a andar a edición 2020 de 21 días co galego e máis, unha iniciativa de promoción do uso do galego que medra cada ano, estendéndose a máis centros e alumnado. Na orixe de todo está a idea que no ano 2014 tivo a profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal: que os alumnos e alumnas empregasen o galego durante 21 días seguidos, tanto dentro coma fóra das aulas, sobre todo fóra das aulas. O proxecto demostrou a súa eficiacia e dende o ano pasado conta co impulso decidido da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Entre
o 2014 e o 2020 o proxecto medrou moitísimo: dunha pequena iniciativa
nun só centro á participación de case 4.000 alumnos e alumnas de toda
Galicia. Dá vertixe?(...)
Pilar Ponte, coordinadora de 21 días co galego e máis. recibiu este martes en Vigo un dos Premios da Cultura Galega 2019, entregados pola Xunta.
Mensaxes desta campaña 2019-2020:
Queremos que as familias participen, que falen en galego cos seus fillos e que despois, se o desexan, o colguen nas súas redes sociais e nos etiqueten con #21diascogalego.
"Se unha persoa non domina as dúas linguas, non pode escoller libremente que lingua quere usar". A propia lei di que ao rematar o ensino obrigatorio os alumnos e alumnas teñen que dominar as dúas linguas por igual, e ese é o noso obxectivo. Só así serán libres de escoller.
"O paso entre non ser galegofalante e selo é unha cuestión de actitude, non de coñecemento"
"Esta xeración non ten xa eses prexuízos que si existían noutras épocas, de que se é un idioma de paletos e demais. Agora pesan máis cuestión de hábito, de utilidade"
Propostas: http://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/
Ningún comentario:
Publicar un comentario