O Consello de Europa recomenda de forma “inmediata” eliminar “as limitacións á docencia en galego”.
Un informe da Comisión de Expertos sobre a realidade das linguas
minorizadas no Estado español constata dificultades e incumprimentos
para o galego e constata a preocupante perda de falantes. "A transmisión
do idioma de pais a fillos xa non está garantida", alerta.(..)
“A presenza do galego é insuficiente no ensino, especialmente a nivel preescolar”, indican, ao tempo que apontan que “no
ensino secundario non se imparten grandes materias científicas en
galego. No ensino non universitario, a normativa actual non permite
impartir máis do 50% dos cursos en galego. Aínda non hai posibilidade de ofrecer un currículo en galego en ningunha institución preescolar, primaria ou secundaria”.
Recomendacións
Nas recomendacións do Comité de Expertos sobre como mellorar a
protección e promoción do galego na Galiza, fixa tres para facer de
forma “inmediata”: Eliminar as limitacións á docencia en galego en todos os niveis de educación axeitados,
modificar a Lei orgánica do poder xudicial para garantir o uso do
galego nos procedementos xudiciais por petición dunha das partes, e que o
galego sexa lingua tamén na administración do Estado na Galiza.
A isto engade outras medidas a adoptar, como incrementar o uso do
galego na prestación de servizos públicos ou facer públicos os informes
de avaliación do organismo supervisor en educación.
As expertas e expertos europeos xa teñen alertado en varias ocasións sobre as deficiencias na aplicación da Carta, nomeadamente no do ensino, o que motivou unha recomendación do propio Consello de Ministros
sinalando que a introdución doutra lingua non podía servir de escusa
para a eliminación da propia no ensino. Nesta ocasión, o Estado remitiu
ao Comité de Expertos un informe que, afirmara A Mesa, manipulaba os
datos e mente, co fin de obter unha avaliación positiva. "O Estado mente
ao Consello de Europa manipulando os datos oficiais", advertirá a
delegación da Mesa á delegación europea.
Manuel Rivas non asistirá aos actos da RAG nos que estea Feixoo mentres non derrogue o “decretazo” contra o galego:
"Son membro numerario da Academia Galega: non asistirei a ningún acto no que estea presente o presidente da Xunta, Feijóo é o nome, e o seu Goberno mentres non derroguen o decretazo de exterminio do idioma galego de 2010".
A RAG reta a Feijóo a rematar co decreto do plurilingüismo para evitar unha morte lenta do galego.
DECLARACIÓN DA REAL ACADEMIA GALEGA VERBO DOS ACORDOS
DO COMITÉ DE MINISTROS DO CONSELLO DE EUROPA SOBRE A
CARTA EUROPEA DE LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS
O Comité de Ministros do Consello de Europa, na súa xuntanza do pasado
11 de decembro, aprobou as seguintes recomendacións ás autoridades
españolas en relación co cumprimento da Carta Europea de Linguas
Rexionais e Minoritarias:DO COMITÉ DE MINISTROS DO CONSELLO DE EUROPA SOBRE A
CARTA EUROPEA DE LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS
1.-
Modificar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso das
linguas cooficiais nos procedementos xudiciais a pedimento dunha das
partes.
2.- Mellorar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado nas Comunidades Autónomas.
3.- Eliminar as limitacións do ensino en galego en Galicia.
2.- Mellorar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado nas Comunidades Autónomas.
3.- Eliminar as limitacións do ensino en galego en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario