11 outubro 2020

Antonio Reigosa: Contrahistorias de Galicia

 Antonio Reigosa, Contrahistorias de Galicia (ilustracións de Rita Gutiérrez). Ed. Embora, Ferrol,  2020.

Contrahistorias de Galicia son as outras historias ou, se o prefiren, o lado escuro e encuberto do noso pasado. Este libro trae ao presente mediante textos breves, apoiados «contra» profusas e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, unha visión desde ángulos dispares, coas cores, figuras e memorias dunha presada de personaxes secundarios, esquecidos e ignorados pola historia oficial.

FONTE, Extracto dehttps://ferradura.blog/2020/08/05/sobre-as-contrahistorias-de-galicia-de-antonio-reigosa/

Seguindo as palabras de Antonio Reigosa, estas”contrahistorias” van desde o mítico ou épico Monte Medulio, a outras que que transitan desde o anecdótico ao tráxico ou humorístico, desde a revelación de datos curiosos á descuberta que outros poden representar para moit@s galeg@s.                    

Por exemplo, se eu lles digo que no libro se trata o episodio do Monte Medulio, do torques de Burela ou de Almanzore  a súa “visita” a Compostela…haberá quen diga que se trata de cousas xa máis ou  menos  coñecidas. Porén, se no seu lugar lles digo que no libro se fala de Diego Álvarez de Correa, Domingo Martínez de Presa, Lady Hester Stanhope, Eustorgia Acevedo, Modesto Brocos, Miss Gerland, Antonia Díaz Pérez, Ramón Fernández Pérez, Manuel Luís Ríos Losada, Patricio Sánchez Álvarez, Manuel Outeda Villanueva ou Ramón Varea Aguiar…posibelmente pouc@s recoñezan polos nomes os feitos que protagonizaron. Igual se lles aclaro que entre eses nomes está o do home que modernizou a calculadora (non a inventou, mais perfeccionouna inmensamente) facendo posíbel este imprescindíbel aparello; ou se lles conto que entre eles tamén está o único toureiro-paracaidista de que teño coñecemento, ou que entre eles hai un escultor humorístico ou un xigante…igual esperto a súa curiosidade.

                    

Ningún comentario: