11 outubro 2020

Esposa: "Nube branca"

" Nube branca"' é o single de adianto do noso EP Belo horizonte. Somos Esposa, un grupo de pop rítmico e rápido.
Quitan cousas para non ter a tentación de usalas: as súas cancións teñen poucos acordes e poucas partes, a súa formación non ten baixo, a súa batería non ten bombo.

https://esposa.bandcamp.com/ 





 

O grupo ten a súa orixe en 2014, nun acompañamento para a poeta Eba Reiro por parte de Cibrán e Xacobe, co nome de Eba Reiro y Esposa.

En 2016 editaron o EP Señor de, autoeditado, con portada de Leo Sousa. En 2017 publicaron o disco Xardín interior, que incluía as catro cancións de Señor de (2016). O disco, producido por Bobby Perú e con portada de Mar Catarina, foi gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow). O disco inclúe unha versión de Fantasmage, "Vaciada", no que Ibán Pérez toca a trompeta e sintetizadores.

En 2017 representaron Galiza no festival Suns Europe, dedicado ás artes escénicas en linguas minoritarias, que se celebrou en Udine[2]

Ningún comentario: