'Que prenda a faísca' é o título do primeiro álbum da pontevedresa Aurora Redondo, A Rabela. O compromiso feminista e coa lingua marca de xeito transversal ( moi involucrada en tecer redes no ámbito do novo hip hop galego, do feminismo e do transxénero. Estivo, por exemplo, na organización do primeiro encontro de rap e regueifa feminista, que se celebrou o ano pasado en Pontevedra) o traballo desta moza, que pasou pola escola de artes Bonobo e publicará o seu traballo co selo Arte Calavera.
Aquí vos deixamos o videoclip de "Somos Legiom" , un dos catro temas que compoñen este EP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario