‘O que arde’, preseleccionada para representar o Estado español nos Oscar
O filme de Oliver Laxe é un dos tres escollidos.
O que arde rexistrouse nos Ancares. Elexía e homenaxe ao mundo rural,
relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba
de saír de prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. As
relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura
campesiña que se esvae e os desaxustes producidos polas mudanzas,
valéronlle á peza de Laxe un bo feixe de premios e galardóns nestes
meses.
Nunha entrevista https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/son-galego-non-estou-separado-da-natureza/20191002165515084659.html, Oliver Laxe manifestaba: "Son galego, non estou separado da natureza. Non estou nunha dialéctica coa ela. Fixen este filme de maneira natural.
Non foi “quero facer un filme no que a natureza sexa importante”. Estou
disolto nela. Sempre fago filmes no rural. E sempre que podo vivo no
rural, na natureza. E iso nótase. De feito, estou habitado por esa
natureza, por aquel val. Desde pequeno, é un espazo que me habita,
tenme secuestrado. Son unha expresión máis dese val, unha ferramenta
del. Unha raíz invertida. Hai raíces que van cara á terra e hai raíces
que son os seres humanos, unha extensión máis".
Ningún comentario:
Publicar un comentario