22 outubro 2020

O deporte tamén fala galego: Land Rober - Ana Peleteiro, orgullo galego!

 Ana Peleteiro no Land Rober, 28 de marzo 2019.

 

 ANA PELETEIRO: O GALEGO É BO!!

Unha muller que ten claras as súas raíces e unha conciencia lingüística que a acompaña por todo o mundo. Aquí conta a súa  evolución lingüística.

 


Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto.

Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011,[1] 2012,[2] e 2013, pola Real Federación Española de Atletismo.[3] No campionato do mundo de atletismo júnior de 2012, celebrado no Estadio Olímpico de Barcelona, conseguiu o récord nacional na súa modalidade.[4][5] No ano 2012 recibiu o Premio Nacional do Deporte, e, no 2013, o Premio Princesa de Asturias S.A.R. Doña Letizia.[6] Proclamouse en nove ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e cinco en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior.[7] No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.[8] E no campionato de Europa absoluto de atletismo de 2018 celebrado en Berlín conseguiu a medalla de bronce, a primeira medalla conseguida por un atleta galego nun campionato de Europa.[9].

En 2019 proclamouse campioa de Europa de pista cuberta de triplo salto cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España, no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta disputado en Glasgow.[10]

 En marzo de 2020 conquistou o seu quinto campionato de España en pista cuberta, en Ourense. Con molestias nun xeonllo preferiu non arriscar e bastoulle con saltar 13,90 para gañar o campionato.[33]

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Peleteiro 

Ningún comentario: