Un colexio de Cerceda inicia a súa propia loita pola oficialidade do galego no Parlamento Europeo: O alumnado de 4º de ESO do CPI O Cruce de Cerceda lanza unha campaña a través da plataforma Change.org para acadar o seu obxectivo. Este xurdiu porque este ano son escola "embaixadora" da institución europea.
As e os estudantes idearon esta proposta de integración lingüística porque o centro é “embaixador” da administración europea este ano. A acción case coincide no tempo co Día da Lingua Materna.
No escrito colgado na páxina web engaden que queren que todas as “linguas cooficiais estean representadas” na Unión Europea.
IMPLÍCATE, XA LEVAN MÁIS DE 3.000: https://www.change.org/p/european-parliament-conseguir-que-as-l%C3%ADnguas-cooficiais-sexan-representadas-no-parlamento-europeu?utm_content=cl_sharecopy_27381851_es-ES%3A4&recruiter=1181203264&utm_source=share_petition&utm_medium=copylink&utm_campaign=share_petition
Ningún comentario:
Publicar un comentario