M. Mariño emprega pedais de efectos, voz e loops cos que crea texturas únicas e complexas orquestracións. O seu último disco é 'Cello & Electronics'. A música viguesa debulla tamén novos camiños en 'Alcume', o seu novo videoclip que foi gravado no Museo Interactivo da Historia de Lugo.
Estou lonxe de min
Levo todo pra non ter que volver
Vai con forza
Contracorrente
Meu alcume que nunca quixen ser
INFORMACIÓN DA AUTORA:
Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Superior Liceo de Barcelona, a
traxectoria de Margarida Mariño exténdese por agrupacións coma a
Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquestra Réssonnance (Suiza)
ou La Via dei Concerti (Italia) entre outras.
A súa exploración
dos límites sonoros e estéticos do violoncello leváronna a experimentar
con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, como o Seminario
Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea ou a participar en
colectivos de improvisación libre.
A súa proposta en solitario
presenta un repertorio orixinal para violoncello e voz inspirado en
temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas,
utilizando pedais de efectos e loops cos que logra crear texturas únicas
e complexas orquestracións que dan lugar a un estilo moi persoal e
único no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o postrock, o
trip-hop ou a música clásica vibran cunha soa voz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario