TÍTULO: Sangue 12.
AUTORA: Cris Pavón.
EDITORIAL: Urco, Alcaián.
Fábula vampírica que conxuga fíos de
feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado
transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios
devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.
Os séculos XIX e XXI, coa primeira revolución industrial e o ciber-arestora, únense neste texto de feitura ‘bizarra’, dacabalo entre Galicia e Inglaterra, onde se mestura o real e o fantástico, onde o soño da razón produce monstros.
FONTE: https://crispavon.com/sangue-12/
Etiquetas: Fantasía, Narrativa, Terror.
Ningún comentario:
Publicar un comentario