21 outubro 2008

Os donos do paraíso

A denuncia de frei Bartolomé de las Casas do xenocidio da conquista de América é o punto de partida desta novela, unha crónica negra da chegada dos primeiros españois ás Américas a través da mirada de dous mozos estudantes.

Autor: Andreu Martín. Ed. Rodeira, Col. Periscopio.






3 comentarios:

Anónimo dixo...

Nesta obra cóntase a historia de dous mozos universitarios, Toni e Ariadna, que deciden escribir unha novela ambientada na época do descubrimento de América.A min, en xeral,gustoume moito xa que ademais de ser un libro ameno e sinxelo de ler, infórmate sobre o xenocidio, que xa existía daquelas e que aínda segue presente hoxe nalgúns lugares, procedente dos primeiros españois que pisaron América.
A historia está inspirada en frei Bartolomé de las Casas, o cal tamén estaba en contra destas conquistas sanguentas.
De forma paralela, e co pretexto de escribir a novela,Toni emprega unha estratexia para conquistar a Ariadna o que acaba nunha aventura amorosa.

Anónimo dixo...

Esta obra escrita por Andreu Martín persoalmente gustoume e pareceme unha entretida forma de ver as críticas que fixo frei Bartolomé de las Casas á conquista das Américas. A través dunha novela escrita por dous rapaces universitarios imos descubrindo o novo Mundo, as culturas indíxenas, o xenocidio por parte dos españois,... combinando todo isto coa historia de amor, ou de conquista, entre Toni e Ariadna.

Anónimo dixo...

Eu penso que "Os donos do paraíso" é un libro fácilde ler e de entender, pois non ten un vocabulario difícil.
A min pareceume un libro divertido e interesante porque está basado no descubrimento de América e polas continuas liortas que levan a cabo os cristiáns para invadir aos indios. Tamén me gustou porque o narrador vai intercalando a historia do libro co seu amor por Ariadna, quen ao final se dá de conta de que Toni só quería escribir a novela para conquistala a ela.
O que me chamou moito a atención neste libro foi que os indios tivesen o deus dos cristiáns nunha cova sagrada e que logo o tirasen por un acantiladopara que os españois non o atopasen.
En xeral,si que me gustou o libro e paréceme moi entretido.