06 novembro 2008

Aire negro

Tres anos despois de ocorridos os feitos, un ex psiquiatra cóntanos unha experiencia estarrecedora coa súa primeira paciente. Imos coñecendo por el e mais pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Confírmase así a mitoloxía do lugar, que tan ben coñece un dos traballadores da casa de turismo rural na que se veu hospedar a protagonista. A vinganza polo intromisión nese territorio alleo tronza a nova vida que, coa tranquilidade do espacio idílico e a felicidade do reencontro cun vello amor, busca a noutrora xornalista crítica en Madrid.
Con elementos de novela psicolóxica e de misterio, esta historia de amor imposible é unha auténtica viaxe ao corazón das tebras que transcende as limitacións de idade nas que a sitúa a súa edición nunha colección xuvenil.
Autor: Agustín Fernández Paz.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Para min este libro foi bastante bo, é facil de ler e ten un contido claro e directo, xa que non hai longas descricións, nin recursos estilísticos moi elaborados que retrasen as accións e acontecementos e polo tanto conta a historia e "engancha".

Foi un libro diferente a todo o que tiña lido ata o de agora porque ningún dos que lera misturaba partes reais con partes fantásticas, senón que era todo realidade ou todo fantasía.

Recomendo este libro porque é moi intrigante dende o principio, e demostra que as cousas non son sempre o que parecen.

Anónimo dixo...

A historia que narra este libro é a dun médico psiquiatra que ten que curar a unha enferma que non lembra o seu pasado. Na miña opinión a causa de que a rapaza se encontre nese estado é máis ben mítica-lendaria, debido a que o relato baséase nunha lenda contada polos habitantes dunha pequena aldea. Poida que o autor queira promocionar as lendas e mitos contados anteriormente e que se seguen transmitindo de xeración en xeración. Valóroo positivamente xa que é entretido, comprensible e fácil de ler. O que máis poida destacar da novela tal vez sexa o seu tráxico final, aínda que ao longo da historia sexa evidente ou sospeitoso.
Este é o segundo libro que leo deste autor (o outro é "Cartas de inverno")e puiden comprobar que os dous finais son moi parecidos. Tal vez sexa que o autor pretende que a finalidade dos seus libros sexa a mesma.

Anónimo dixo...

A historia que narra este libro é a dun médico psiquiatra que ten que curar a unha enferma que non lembra o seu pasado. Na miña opinión a causa de que a rapaza se encontre nese estado é máis ben mítica-lendaria, debido a que o relato baséase nunha lenda contada polos habitantes dunha pequena aldea. Poida que o autor queira promocionar as lendas e mitos contados anteriormente e que se seguen transmitindo de xeración en xeración. Valóroo positivamente xa que é entretido, comprensible e fácil de ler. O que máis poida destacar da novela tal vez sexa o seu tráxico final, aínda que ao longo da historia sexa evidente ou sospeitoso.
Este é o segundo libro que leo deste autor (o outro é "Cartas de inverno")e puiden comprobar que os dous finais son moi parecidos. Tal vez sexa que o autor pretende que a finalidade dos seus libros sexa a mesma.

Anónimo dixo...

O libro engancha ata o final pero o mostro decepcionoume. Imaxinomo como un deses tipicos mostros cutres das peliculas de terror antigas

Daniel de Alonso/1º Bach-B dixo...

Este libro é un dos que máis me gusta. Aínda que eu ao ver moitas páxinas me deixo levar pola vagancia, este lino bastante rápido, xa que me ``enganchou´´, a historía pareceume moi interesante. E outra das cousa que me gustaron foi que a historia estea narrada nun lugar real de Galicia.
Recoméndoo para a xente que lle guste o misterio.

Alba González Gómez/1º Bach-A dixo...

Agustín Fernández Paz é o autor de "Aire Negro". Un libro que está cheo de misterio,intriga e cun final terrorífico. Ten unha lectura de fácil entendemento.
O doutor Víctor Moldes, é un xoven psiquiatra que comeza a traballar na clínica Beira Verde. A súa primeira paciente é Laura Novo, unha xove escritora que permanece encerrada e cuxo caso ten difícil solución. O doutor, con moita paciencia, logra que a moza confíe nel e lle conte a súa historia,pero para axudala, terá que comprobar que o narrado por Laura é certo. El non é consciente ata o final de que a cura de Laura, a levará á destrucción e para el acaba sendo o seu primeiro e último caso.
Deste libro, gustoume o principio pero non tanto o final. Parece unha historia de difícil solución, pero o doutor resólvea perxudicando a súa paciente e dándolle un tráxico final ao relato. O autor xoga coa insinuación durante toda a historia, pode que sucedera ou non, pero pretende que o lector lle dea o seu propio fin.
Gústame o papel desempeñado polo doutor, un mozo con ganas de triunfar na súa carreira,empeñado en resolver o seu primeiro caso e involucrado demasiado coa súa paciente da cal, persoalmente, creo que se acaba namorando.
Non obstante, non me gustou o papel de Carlos, o dono da casa rural na cal se desenvolven os tráxicos feitos. Carlos fora o profesor de Laura no instituto e antes de enfermar a moza,foran amantes. Creo que a súa cultura e madurez deberán prever un final feliz para Laura.

Ainhoa G. 1º-B dixo...

O libro Aire Negro de Agustín Fernández Paz, é un libro baseado na intriga, que mestura unha vía da vida real, cotiá (situación de Laura Novo, a protagonista) e unha segunda vía fantástica, lexendaria (existencia da Gran Besta).

Motívate a ler e a non parar de facelo só por saber que acontecementos se interporán no camiño da nosa protagonista.

Recomendaría a lectura deste libro porque é desas historias que te enganchan dende o inicio coa vía fantática que protagoniza a Gran Besta.

Paula 1ºBach-A dixo... dixo...

O libro gustoume moito, sobre todo pola intriga, que me facía seguir lendo. Os mellores momentos son cando Laura vai contando todo e ti non o esperas.
Ademais pareceume moi boa idea que primeiro narrara Víctor e logo redactara Laura o que lle pasara volvendo ao pasado.
Con respecto ao autor, os libros de Agustín Fdez Paz sóenme gustar moito.