26 abril 2009

O único que queda é o amor


O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. As persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar

5 comentarios:

Cristina Estévez dixo...

"O único que queda é o amor",é un libro que nos mostra o sentimento máis profundo,o único de transformarnos ,máis ca calquera outro,o amor.
Isto refléxase en numerosos relatos que se narran neste libro.Tamén se reflexa a tradición oral,que é unha técnica que emprega o escritor.
É un libro de reflexión , que deberíamos ler todos,porque se aprenden numerosas experiencias que nos fan reflexionar sobre a vida , é sobre todo, sobre o amor.
Unha gozada.

Lucía dixo...

Sen dúbida un libro fantástico que nos mostra o amor en todas as súas variantes.Tras lelo a miña perspectiva sobre este sentimento cambiou por completo.
Recoméndollo a todo o mundo xa que contén relatos verdadeiramente incríbles.

Laura Lovelle 1º Bach.B dixo...

Neste libro fálase do amor como sentimento amargo, poderoso e fermoso, como o pode ser o "primeiro amor" ou amor adolescente.

A historia que máis me gustou titúlase:
"Esta estraña lucidez".
É narrada por un canciño fantasma, é dicir, que está morto.
Fálanos da súa nova "vida" dende que falece nun accidente de tráfico co seu compañeiro/dono, o cal preséntasenos en todo momento como "El".

A peculiaridade desta nova vida é que o animal xunto con "EL" poden disfrutar dun aprazamento que dura un ano enteiro, a partir da súa morte, para poder despedírense dos seus seres queridos antes de esvaecerse de xeito definitivo.
O canciño cóntanos como vive os últimos acontecementos da vida do seu amo con "ElA". Esta última é o derradeiro amor do seu amo.

Ao final da historia é cando nos damos conta de que o animal é o narrador do conto.
Ensínanos como é o todo e a nada.
A súa vida e a súa morte.

Encantoume o libro.
Sobre todo,
repito,
esta historia perruna.
:D

Ana González Justo. 1ºBACH.C dixo...

Creo que é un libro que todos deberíamos de ler algunha vez, pois móstranos o poder que ten sobre nós o amor e como pode cambiarnos a vida de un día para outro en moitos aspectos.
Nos distintos relatos de ''O único que queda é o amor'' podemos apreciar como sempre buscamos este sentimento, a pesar do desamor e da amargura á que o éste nos poida levar.

lucia 1ºBAC dixo...

Este libro pretende facernos creer que o amor nos fai cambiar a vida ainda cando non è correspondido nin se ve realizado. Senon que nos cambia o modo de ver o mundo co sabor agridoce que nos deixa o seu recordo, que serà o ùnico que se eterniza.