María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus
curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa
Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de
Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que
veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella
chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia
dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou
de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non
era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século
XXI.
Autora: María Solar.
Editorial Xerais.
1 comentario:
O libro gustoume moito, provoca intriga, emoción e engancha con moita facilidade. Unha das cousas que máis me gustou foi que contase unha segunda historia no século I, para entender o que pasa no século XXI. Recomendo o libro porque é moi emocionante e ao ler a historia do século I podemos aprender cousas do pasado de Galicia.
Publicar un comentario