Paula Chaves, 'Pauliña', a cambadesa asentada en Ourense, cóntanos como
está levando a presentación de 'Dexeneración', un traballo que fala
moito da súa persoa e que está cheo de ilusión. A banda que a acompaña
está conformada por Lolo, Iago, Julián, Paco e Santi. .
Este video recolle a canción " Non é ficción"
- Canción gravada durante unha etapa que non é sinxela para todos. Na
que o ánimo tense que buscar baixo as pedras e xa non existe a
inocencia. Agardo que vos guste.
Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das
voces femininas con máis carácter e personalidade hoxe en día.
Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer,
escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a
guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais do seu entorno da
bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando
ao público sentirse identificado con moitas destas letras.
Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito a música acompañouna, tamén a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e voltou pra Galiza.

Ten colaborado nos escenarios con Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Fosi (DeLombaos), ou Zënzar, ou NAO entre outros.
Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega:
Podes seguila no seu: https://www.facebook.com/pg/paulinhachavesperez/posts/
2 comentarios:
Encántame esta canción porque fala da vida sen esconder nada sen poñer adornos;cantando,contando o que de verdade pasa na vida ,o que estamos obrigados a facer.Tamén nas imaxes do videoclip ,como muller e persoa sentinme identificada.
Gustoume todo deste vídeo: a temática,a letra,a voz de Pauliña...
Belén Rodríguez Barrosa 3ªESOB
Alédame moito, Belén!! Segue curioseando, xa verás... que sorpresas!!
Publicar un comentario