10 xaneiro 2019

"Non é ficción" de Pauliña

Paula Chaves, 'Pauliña', a cambadesa asentada en Ourense, cóntanos como está levando a presentación de 'Dexeneración', un traballo que fala moito da súa persoa e que está cheo de ilusión. A banda que a acompaña está conformada por Lolo, Iago, Julián, Paco e Santi. .
 Este video recolle a canción " Non é ficción"

 - Canción gravada durante unha etapa que non é sinxela para todos. Na que o ánimo tense que buscar baixo as pedras e xa non existe a inocencia. Agardo que vos guste.

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade hoxe en día. Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais do seu entorno da bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas destas letras.
Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito a música acompañouna, tamén a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e voltou pra Galiza.
 
Ten colaborado nos escenarios con Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Fosi (DeLombaos), ou Zënzar, ou NAO entre outros.
Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega:

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Encántame esta canción porque fala da vida sen esconder nada sen poñer adornos;cantando,contando o que de verdade pasa na vida ,o que estamos obrigados a facer.Tamén nas imaxes do videoclip ,como muller e persoa sentinme identificada.
Gustoume todo deste vídeo: a temática,a letra,a voz de Pauliña...
Belén Rodríguez Barrosa 3ªESOB

Xela dixo...

Alédame moito, Belén!! Segue curioseando, xa verás... que sorpresas!!