Infamia de Ledicia Costas
TÍTULO: Infamia.
AUTORA: Ledicia Costas.
EDITORIAL: Xerais
SIPNOSE:
Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo
para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está
marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da
desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a
terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos
inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás
Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados
os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que
parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce
aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e
loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis
recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.
1 comentario:
Esta obra de Ledicia Costas é unha desas historias que te engancha dende un principio e que non te solta ata que chegas ata o final dos acontecementos. Nela nárranse os pasos que vai seguindo Emma dende que chega a Merlo e empeza a traballar como profesora de Dereito Penal ata que se descobre da man de Lucas (un policía de Merlo, fillo do Inspector) o que ocorreu 25 anos antes nunha casa abandonada que hai na aldea.
Persoalmente, gustoume bastante ler esta obra porque me mantivo sempre expectante do que ía pasando e con ganas de saber como continuaba o fío dos acontecementos.
Ademais creo que é un libro moi recomendable para a xente á que lle gusten as novelas policíacas xa que a temática principal desta é a investigación duns crimes que sucederon no pasado.
Por último, desta obra gustaríame destacar as descricións que fai dos ambientes nos que se desenvolve a historia porque segundo vas lendo podes imaxinar case á perfección como son os escenarios nos que están ocorrendo cada un dos acontecementos.
Publicar un comentario